Wiki How:Artigo destacado/novembro 2014
As Archaea ou arqueas (do grego ἀρχαῖα, "os antigos") son un grupo de microorganismos unicelulares de morfoloxía procariótica (sen núcleo nin, en xeral, orgánulos membranosos internos), que forman un dos tres grandes dominios dos seres vivos, e que son diferentes das bacterias.
No pasado as arqueas foran clasificadas coas bacterias como procariotas encadradas no antigo reino Monera e recibían o nome de arquebacterias, pero esta clasificación xa non se utiliza. En realidade, as Archaea teñen unha historia evolutiva independente e mostran moitas diferenzas na súa bioquímica coas outras formas de vida, polo que foron clasificadas nun dominio separado dentro do sistema de tres dominios: Archaea, Bacteria e Eukaryota.
🔥 Top keywords: PortadaRoko (actriz)Justo BeramendiEspecial:ProcurarCarles PuigdemontEspecial:Cambios recentesAWStatsJéssica BouzasLysenkoísmoSegunda guerra mundialMark CavendishAxuda:Cambios relacionadosEva Iglesias MiguénsWikipedia:Acerca deVilarAlabama"Weird Al" YankovicTino SaquésPosicións sexuaisWikipedia:AxudaWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAxuda:Citas ao péMário FerreiraGaliciaJeremy CorbynCopia por contactoDiego AnidoWikipedia:Artigos de calidadeWikipedia:ActualidadeOs ÁnxelesLista das aves de GaliciaLouis PasteurMaría JamardoDicionario da Real Academia GalegaLista de castelos de PortugalIbnWikipedia:Advertencia xeralWikipedia:Portal da comunidadeSaudade de ti