Xeografía de Paquistán

Paquistán posúe unha superficie de 804.000 km² e fronteiras comúns con Irán (900 km), ao suroeste, Afganistán (2.400 km), ao oeste e ao norte, a China (520 km), ao nordeste, e a India (2 900 km), ao leste. Ao sur, ten o Mar Arábigo ao longo de 1.050 km de costa.

Mapa do Paquistán

O relevo está formado por altos picos no norte (como o monte K2 que, co. 8.611 m, é o segundo punto culminante do planeta), montañas áridas a oeste, un planalto inhóspito no suroeste, o deserto do Cholistán no sueste e planicies aluviais ocupadas pola actividade agrícola no restante do país.

É naquelas planicies (cerca dun terzo do territorio) que se encontra a maior parte da poboación do Paquistán.

O río Indo, que nace no Tíbet, corre por 2.500 km o país, no sentido norte-sur, e escoa no Mar Arábico, formando un gran delta.

O pico K2, con 8 611 m., é o segundo punto culminante do mundo.

O Paquistán está suxeito a terremotos, como demostrou o evento de 8 de outubro de 2005, ben como a inundación e a ciclóns tropicais. O país encóntrase dacabalo de dúas placas tectónicas, a da Asia Meridional e a eurasiática.

Os principais ríos do Paquistán son o Indo (2.900 km, no total), o Sutlej (1.550 km), o Chenab (1.200 km), o Ravi (900 km) e o Jhelum (800 km).

Os principais picos son o K2 (8.611 m), o Nanga Parbat (8.125 m), o Gasherbrum (8.068 m), o Broad Peak (8.047 m) e o Gasherbrum II (8.035 m).

Principais cidades

editar

Karachi (13 millóns de habitantes), Lahore (6 millóns), Faisalabad (2,5 millóns), Rawalpindi (2 millóns), Multan (1,4 millóns), Hiderabade (1,4 millóns), Peshawar (1 millón), Quetta (600.000), Islamabad (570.000).